Domingo, 1 de xullo de 2018, a partires das 5 da tarde no local sociocultural
As alumnas e alumnos do curso de pandeireta e canto tradicional, con motivo da clausura do mesmo, teñen o pracer de convidarvos ó I Serán de Zarracós que terá lugar o vindeiro domingo, día 1 de xullo do 2018, a partires das 5 da tarde no local sociocultural. Ide afinando as voces e preparando as pandeiretas, por que abofé que haberá ruxido de ferreñas, cantos tradicionais, uns pinchiños e sobre todo moita moita troula!!!!
Dende a asociación de veciños queremos agradecer a colaboración da empresa Xurxemurxe, encargada de impartir o curso, así como da Excma Deputación Provincial de Ourense.
23 de Maio do 2018