Os nosos camiños rescatados do esquecemento III

Camiño dos Mortos e Canella

Os nosos camiños rescatados do esquecemento III
Os nosos camiños rescatados do esquecemento III

A pasada fin de semana puidemos dar un pequeno paseo por algún deses camiños que recentemente foron recuperados do esquecemento na nosa zona, desta volta trátase do Camiño dos Mortos e da Canella.

O nome deste sendeiro ten a súa orixe en que antigamente os veciños e veciñas de Cobas do Río traian os seus defuntos ata a igrexa parroquial transitando por el. O trazado deste vieiro xa non existe na súa totalidade dado que antigamente cruzaba o comunal do pobo de Zarracós por onde agora se atopa o campo da festa, pero na actualidade podedes ir por el dende o Outeiro ata as inmediacións do pobo de Salpurido e abofé que paga a pena, pois a paisaxe e ben fermosa ó discorrer entre carballeiras e soutos que rebosan de verdor. Máis ou menos, a metade de traxecto entre Zarracós e Salpurido atoparedes un carreiro estreito que sae á man esquerda e que se denomina A Canella, un vieiro ben singular que atesoura unha extraordinaria beleza ó discorrer encaixado entre valados cheos de musgo e carballeiras.

Novamente, e aproveitando a ocasión que nos brinda dispor deste medio de comunicación, non queremos deixar de animarvos a que vos peguedes unha camiñada por algún destes sendeiros, estamos máis ca convencidos de que non vos defraudarán en absoluto.

A continuación podedes ver unha galería fotográfica da andaina de hoxe para que vos fagades unha idea de todo o relatado en parágrafos anteriores. Se tendes a oportunidade, ide admirar este paisaxe en vivo.

 

28 de Maio do 2018

Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)
Sendeiros A Broa 2018 (Terceira parte)



Destacamos