Colocación das banderiñas para engalanar as rúas polas festas 2018

Colocación das banderiñas para engalanar as rúas polas festas 2018

Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas da parroquia de San Andrés de Zarracós, que o vindeiro Domingo, día 29 de Xullo, ás 9.00 da mañá, procederase a colocar as “banderillas” para engalanar as rúas da parroquia polas festas.

O punto de encontro será xunto ó local social a hora mencionada (9.00 da mañá).

A Asociación de Veciños agradece a colaboración de todos aqueles que se presten a botar unha man para realizar dito traballo.

NOTA: de non existir axuda veciñal para realizar esta tarefa, soamente se colocarán bandeiriñas nas entradas dos pobos.

 

03 de Xullo do 2018




Destacamos