Clausura Cursiño de Manualidades 2009/2010

Celebrada o pasado Domingo día 7 de Marzo do 2010

O pasado Domingo, día 7 de Marzo do 2010, tiña lugar a xa tradicional Clausura do Cursiño de Manualidades 2009/2010. Unha celebración que se esta a converter nunha festa máis das múltiples que conmemora esta parroquia ó longo de todo o ano.

A ela asistiron perto dun centear de persoas, chegadas de todos os puntos da parroquia e dos pobos limítrofes. Así, no  local Social de Zarracós puideron admirar unha gran exposición dos traballos realizados ó longo do devandito curso: pratos decorados con diversas técnicas, cadros de toda clase(con fios,en relevo, castelaos,..) , bisutería, mantelería e un largo etc de orixinais traballos.

Chegado o momento, é como ven sendo costume dende que se leva a cabo esta iniciativa, o Excmo Alcalde do Concello de A Merca e o Tesoureiro desta Asociación pronunciaban o obrigado discurso de clausura, tras o cal as participantes agasallaban ó Concello cun fermoso reloxo con motivos florais en coiro.

Trás os actos institucionais comezaba a "paparota", así os que alí estivemos puidemos desfrutar dunha gran variedade de pinchos: frutos secos, tortilla, tartas de toda cor e sabor, rosquillas,empanada, bica, refrescos, viño branco e tinto, licores varios,.... en fin, e como se soe decir: "non se fartou quen non quixo". Salientar, que toda esta comida e bebida foi pagada polas asistentes ó curso, e por aqueles veciños que decidiron participar aportando o eu granciño de area.

12 de Marzo do 2010




Destacamos