Hoxe, Martes 8 de Xuño do ano 2010, comezan as obras de restauración do Retablo Maior da Igrexa de San Andrés de Zarracós.
Trala resposta favorable da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia ó proxecto presentado pola empresa Alquimia S.L (de Pontevedra) , e despois de varios meses de retraso acumulados sobre o previsto inicialmente por esta Asociación de Veciños, (retraso debido esencialmente a gran cantidade de burocracia necesaria para levar a cabo a devantida obra con todas as garantías) daban por fin comezo as obras de restauración do Retablo Maior.
Hoxe pola tarde operarios da mencionada empresa procedían a colocación dos correspondente andamios para realizar o meticuloso traballo de restauración. Durante esta semana a empresa montará o taller a pé de obra, para na próxima semana normalizar xa o ritmo de traballo.
Así, aproveitando a oportunidade que nos brinda Internet, dende a Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós queremos agradecer públicamente a colaboración económica e moral prestada por todos os veciños desta parroquia, para contribuir a realización dunha obra tan importante como é esta.
Dende esta páxina web trataremos de informar puntualmente de todo canto suceda en torno a esta obra.
09 de Xuño do 2010