O palco da música muda o seu aspecto exterior

Despois dos traballos de pintura realizados neste mes

O palco da música muda o seu aspecto exterior
O palco da música muda o seu aspecto exterior

O palco da música muda o seu aspecto exterior
O palco da música muda o seu aspecto exterior

O pasado ano, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, a asociación de veciños puido afrontar a reforma do interior do baixo do palco e un pouco no exterior, arranxando as humidades da placa superior e lucindo o frontal do campo cun material chamado Alucobond.

A continuación, chegaría a intervención artística de Ivette Bordera coa realización dun fantástico mural homenaxe ós nosos antepasados, que sen dúbida lle concedeu un enorme valor engadido e sentimental a esta  sinxela edificación levantada co esforzo e o traballo da veciñanza nun pasado non tan distante.

Por último, e despois de levalo solicitando un ano de xeito formal, o Concello da Merca procedía a pintar de branco todo o exterior. Non sabemos con exactitude cando foi a última vez que se pintou o palco, pero si podemos asegurar que hai máis de 13 anos que non recibía unha man de pintura.

O resultado final de todo este proceso é un edificio completamente renovado e cun aspecto máis que aceptable ó que se lle asignou un novo uso como ludobiblio e punto de encontro para a veciñanza.

Aínda queda algún pequeno traballo pendente que esperemos que se materialice nun curto espazo de tempo.

 

22 de Agosto do 2023




Destacamos