O Concello arranxa o valado do campiño da igrexa parroquial

Hai xa unhas semanas Julita e Antonio arranxaban o muro do seu patio exterior, mellorando notablemente o aspecto do entorno da igrexa parroquial, pero non ocorría o mesmo co valado do campiño anexo, que ante esta nova situación presentaba un aspecto bastante deplorable e completamente desaliñado co rasante establecido pola nova parede.

Ante esta circunstancia, dende a asociación de veciños solicitouse ó Concello de A Merca que procedese a adecuación deste pequeno muro, e esta semana enviaban ós operarios da brigada de obras para acometer dita intervención. Foron necesarios dous días de traballo, catro obreiros e retirar tres tractores de escombro (O tractor foi achegado de xeito altruísta por Manuel Taín Díaz), pero sen lugar a ningunha dúbida, a faciana  do entorno da igrexa mellorou de xeito notable, tal e como se pode observar nas fotografías que acompañan este artigo e nas que se pode comparar o antes e o despois.

18 de Febreiro do 2017

Destacamos