Un fantástico televisor de 32” ou un cheque regalo por valor equivalente para gastar en NIOTEK (Celanova)
Son tempos realmente complicados para pequenas asociacións veciñais como a nosa, así, ó longo do último ano fixemos un importante esforzo económico para poder executar a obra do Palco da Música (cos sobrecustes derivados da crise inflacionista/guerra), adquirir equipamento, realizar labores de mantemento na Igrexa Parroquial e levar a cabo todas as actividades que vimos organizando dende sempre, por que sempre consideramos que despois dunha pandemia tan dura había que volver á normalidade de verdade, sen matices nin inventos.
Pois ben, todo isto conseguiuse grazas ós aforros da asociación, á aportación da veciñanza para a festa das Neves, ó sorteo de Nadal e a subvención da Xunta de Galicia, pero por desgraza, a implicación por parte doutros organismos públicos non foi a mesma, e como din por aí, ó quitar e non por todo vai indo a menos.
En consecuencia, toca agudizar o enxeño, traballar duramente e “facer maxia” para que a asociación continúe funcionando coma sempre e realizando actividades que lle dean vida ó rural.
Polo tanto, imos realizar o que demos en denominar Sorteo Extraordinario Zarracós 2023 no que poderás conseguir un fantástico Televisor de 32” ou un cheque regalo por de idéntico valor económico que poderás trocar en NIOTEK Soluciones Informáticas (Celanova) polo produto que desexes: teléfono móbil, tablet, reloxo,...
Resultará premiada a papeleta cuxas tres últimas cifras coincidan coas do primeiro premio do “Sorteo Extraordinario Do Día Da Nai” de Lotería Nacional, que se celebrará o vindeiro domingo 7 de maio de 2023. O donativo por cada papeleta será de 5€, contendo cada unha 5 terminacións para participar no sorteo.
Podes consultar os números dispoñibles accedendo ó seguinte enlace:
https://www.zarracos.org/sorteo-extraordinario/
28 de Xaneiro do 2023