O pasado ano 2022 puidemos volver gozar da Festa das Neves con normalidade e cunha celebración como as de sempre, como a última que se puido celebrar no ano 2019. Esa celebración foi posible grazas a un importante remanente económico acumulado de anos anteriores, pero neste 2023 toca volver a realidade e axustar o orzamento ó que realmente podemos asumir, por iso a edición de 2023 será un pouco distinta.
O sábado 5 de agosto contaremos novamente coa gran Charanga BCB (dende Celanova) que será a encargada de dar a alborada, acompañar a procesión e amenizar a sesión vermú. Pola noite contaremos co Grupo Alma Latina (dende A Mariña Lucense), que repiten nas nosas festas.
O domingo 6 de agosto, debutará nas nosas festas a Charanga El Brexit (dende Ourense) que será a encargada de dar a alborada e amenizar a sesión vermú. Pola noite contaremos co Trío Xtra (dende Gondomar).
Pouco a pouco iremos completando o programa con todas actividades.
20 de Marzo do 2023