Arranxos no palco e nas inmediacións da Igrexa

Acementado do chan do palco así como da canella da igrexa

Despois da ampliación do palco, e do local social que se atopa por debaixo, vendo que na unión entre a parte nova e vella se filtraba auga, a pesar de haber recuberto de uralita o teito, a asociación decidiu solicitar unha subvención a Xunta de Galicia para realizar esta tarefa e a de formigonar a canella da Igrexa. Dita subvención foi aprobada por un importe de 350.000 pts, das de entonces, e como non chegaba para as dúas obras, realizouse a de recubrir o palco con unha capa de tela asfáltica e porriba unha capa de cemento vermello pulido, gracias a isto conseguiuse evitar que auga entrase no local social.

Posteriormente falouse co Concello para arreglar a canella da Igrexa e canalizase a auga que baixa dende o campiño da Igrexa, este accedeu e hoxe en día estan arregladas ámbalas dúas cousas.

01 de Xullo do 2009




Destacamos