O novo local socio-cultural da parroquia de Zarracos toma forma

Parte da estructura exterior xa está levantada

Paseniñamente o novo local socio-cultural da parroquia de San Andrés de Zarracós vai tomando forma.Se a día de hoxe decidimos darnos un paseo polo campo da festa , xa podemos ver parte das paredes exteriores levantadas.

Como podemos observar na imaxe que se adxunta a este artigo, será un local completamente construido en pedra serrada do país "asentada a hueso", na fachada ,que da ó campo da festa, contará con un porche que a cubrirá por completo.O seu interior destacará por contar con un local único de 54 m2 (sen contar servicios e almacén) que destacará pola súa gran altura e luminosidade. Tamén contará con un pequeno almacen de acceso interior, así como con dous servicios comunicados por un pequeno corredor, un deles adaptado para minisválidos.

06 de Setembro do 2010




Destacamos