O campo da festa da parroquia de Zarracós aumenta considerablemente a súa superficie útil, grazas a obra promovida pola Asociación de Veciños e que será sufragada con cargo ós fondos que esta entidade posúe.
Como se pode observar nas imaxes axduntas (marcado en vermello) , desterrouse un gran anaco de terreo xusto a entrada do campo, coa intención de mellorar a visibilidade e a estética do futuro local socio-cultural así como de proporcionar un novo lugar onde poder ubicar: o magosto, o xogo da chave, as atraccións das festas...
Aproveitando a ocasión que brindaba que a maquinaria estivese no campo da festa tamén se desterrou outro anaco de terreo ó carón do novo local socio-cultural, dado que as ventás dos servicios e do almacén quedaban moi enterradas, con esta obra e como se pode observar na imaxe, as ventás quedan libres e gañan luminosidade.
Con esta doble actuación, e a falta de que se remate o novo local socio-cultural, o campo da festa da parroquia de Zarracós convértese nun dos mellores de todo a comarca.
29 de Setembro do 2010