Arranxo da Eira dos Días

Cementado da mencionada eira

No mes de Novembro do ano 2004, o Excmo Concello de A Merca procedeu ó acementado da denominada "Eira dos Días", sita no centro do pobo de Zarracós.

Esta obra foi posible gracias as xestións feitas dende esta Asociación ,así como, ó concello que foi quen sufragou integramente a obra, amén de aportar os obreiros para realizala.Pero, non debemos olvidar a colaboración ofrecida por un veciño, que cedeu a grosa parede de pedra que cercaba o seu eido, para levantala de bloque, anchando así o acceso á mesma.

De maneira que a "Eira dos Días" converteuse nunha ampla explanada válida para: aparcamento,eventos de toda índole e demáis cousas que se nos poidan ocorrer.

01 de Xullo do 2009




Destacamos