O Concello de A Merca instala un parque biosaudable no campo da festa de Zarracós

Ó mesmo tempo retíranse os antigos columpios, por incumplir a normativa vixente

O campo da festa de Zarracós é o lugar escollido polo Excmo. Concello de  A Merca para instalar o segundo parque biosaudable do municipio (O primeiro foi emplazado no pobo da Manchica). Durante esta semana operarios da debandita institución procedían a retirar os antigos columpios, xa que non cumprían coa normativa vixente en términos de parques infantís, e escomezaban a realizar as cementacións para instalar os trebellos do novo parque.

O parque biosaudable de Zarracós estará composto por cinco aparatos de ximnasia (Seguramente os que figuran na imaxe adxunta, ainda que non esta confirmado). Este tipo de parques teñen a súa orixe na China, e estan baseados na filosfía oriental de admiración e respeto ós maiores, facilitando unha mellora na calidade de vida dos veciños e convertíndose non lugar de encontro e diversión  independentemente da idade, xa que non só as persoas maiores poden facer uso deles, estando indicados para case todo o mundo.

Dende a Asociación de Veciños acollemos de moi grado esta decisión do Concello, xa que de seguro lle sabremos quitar bo partido a este novo parque.

26 de Novembro do 2010




Destacamos