A parroquia de Zarracós e a contorna xa dispoñen dun parque biosaudable
Composto por cinco trebellos, axudará a levar unha vida máis saudable
Esta semana operarios do Concello de A Merca procedían a instalar o parque biosaudable de Zarracós. Tal e como se pode observar na imaxe acompañante, este está composto por cinco aparatos, que finalmente son os que adiantamos nesta web hai uns días.
-
Esquí de fondo: Mellora a mobilidade dos membros superiores e inferiores ademais da flexibilidade.
-
A cintura: exercita a cintura e axuda a relaxar os músculos da cintura e da espalda ademais de reforzar a axilidade e a flexibilidade da zona lumbar.
-
O columpio: reforza e mellora a musculatura da perna e da cintura, en concreto, cuadriceps, xemelgos, glúteos e músculos abdominais inferiores.
-
O elevador: reforza e desenvolve a musculatura dos membros superiores, peito e espalda, mellorando a capacidade cardio-pulmunar
-
O volante: potencia e mellora a musculatura dos ombreiros. Mellora a flexibilidade en xeral das articulacións dos ombreiros e do brazo en xeral.
Esta nova infraestructura ven a completar o equipamento do campo da festa de Zarracós, que sen lugar a dúbidas, se está a converter nun lugar ideal para o ocio e o esparcemento dos veciños e en xeral de todos os pobos da contorna.
02 de Decembro do 2010