As obras do local socio-cultural da parroquia de Zarracós avanzan de novo a bo ritmo

O exterior xa está practicamente rematado

Esta semana as obras do novo local socio-cultural da parroquia de Zarracós avanzaron de novo a un ritmo vertixinoso, tanto que ,o exterior xa está practicamente rematado (tal e como se pode comprobar na imaxe adxunta).

Ó longo deste período completouse o tellado, o gran porche que adorna toda a fachada da casa así como todos os remates exteriores do tellado en madeira. No interior, tamén xa se replantearon as divisións interiores e cámara e se aislaron con poliuretano as paredes.

Paseniñamente este gran proxecto vai tomando forma, e ainda que neste ano non poderemos disfrutar del, no 2011 de seguro que lle quitaremos moito rendemento.


17 de Decembro do 2010




Destacamos