Construcción dun novo local multiusos

Memoria valorada

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós ten o placer de presentar ante todos os veciños a MEMORIA VALORADA que elaborou o Excmo. Arquitecto do Concello de A Merca, Don Fco. Javier Neira González (a petición deste organismo) para a construcción dun novo local multiusos no entorno do campo da festa de Zarracós.

Dita memoria non é un proxecto oficial en si, pero si é un documento válido para acceder as lÍneas de subvecnións de organismos oficiais, tales como: Xunta de Galicia, Deputación Provincial,... .

Nela como se pode observar nas imaxes adxuntas, figura un plano-croquis do local, así como un desglose presupostario da mencionada obra, que cuantifica a execución material nun valor de: 58.764,2 €, ó que se lle deberían incrementar os impostos correspondentes: gastos xerais e beneficio industrial (19%) e IVA (16%).

01 de Xullo do 2009




Destacamos