Esta semana, a empresa CARPILECTRO S.L (de Corbillón), comezou coas obras para reformar a instalación eléctrica da Igrexa Parroquial. Esta instalación será realizada conforme o proxecto presentando polo enxeñeiro industrial contratado para tal efecto ante Dirección Xeral de Patrimonio.
Así, nos próximos días a antiga instalación que data dos anos 60 será reemplazada por unha moderna, adaptada ás novas necesidades e normativa, na que destacan a gran cantidade de enchufes repartidos polas intalacións, a colocación de luces de emerxencia en todas as portas, un cadro de automáticos en condicións...
Dende a Asociación de Veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Manuel Canal Vázquez por facer posible esta gran obra da que, sen dúbida, poderemos disfrutar todos os veciños.
10 de Febreiro do 2011