A Asociación de Veciños de Zarracós, na súa intención de dinamizar ao máximo a parroquia e de ir equipando pouco a pouco o novo local socio-cultural, ven de investir 450€ para instalar un sistema colga cadros (podedes velo na imaxe adxunta a este artigo).
Esta pequena inversión persegue converter a nova edificación nun aula cultural, con cabida para albergar todo tipo de exposicións pictóricas ou fotográficas. Por iso, a estrea deste sistema será na clausura do cursiño de manualidades deste ano, onde se poderá admirar unha completa exposicións de todos os cadros realizados durante o mesmo.
20 de Novembro do 2011