Co fin de recadar diñeiro para a levar a cabo a Festa das Neves vense sorteando dende fai dous anos un Televisor, pero, como ben é sabido por todos, o prezo destes trebellos experimentou unha gran baixada debido a súa popularización.
Polo tanto,sortearemos un Televisor LCD de características similares ás do que se sorteou o ano pasado, e a maiores, un segundo premio, que neste caso será unha Cámara Dixital, non excedendo nunca o prezo de ambos o valor de 350 euros, que foi o que se gastou o ano pasado na pantalla sorteada.
30 de Xuño do 2009